Atención á diversidade

A Atención á Diversidade (AD) constitúe unha das maiores prioridades do Fogar de Santa Margarida, e dentro desta, a atención ao alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE).

Para atender a heteroxeneidade, desde o Centro deséñanse e lévanse a cabo un conxunto de medidas e accións que teñen por finalidade adecuar a resposta educativa ás diferentes características e necesidades, ritmos e estilo de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais de todo o alumnado.  Así o noso obxectivo principal é unha atención integral que permita o máximo desenvolvemento persoal, intelectual, social e emocional.

É no Plan Xeral de Atención á Diversidade onde se concretan tódalas actuacións e medidas que o Centro pon en marcha para adecuar a resposta educativa ás necesidades do alumnado, actuacións que non se limitan á intervención do DO, senón que implican a toda a comunidade educativa.

Tódalas medidas de AD deseñadas e desenvolvidas no Centro réxense polos principios de normalización e inclusión, equidade, igualdade de oportunidades e non discriminación. Para o Centro teñen un papel prioritario as accións de tipo preventivo e detección temperá, así como as medidas de carácter ordinario e normalizador fronte ás de carácter máis extraordinario, que só se levarán a cabo unha vez esgotadas as anteriores.

  ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
Discalculia
Dislexia
Disgrafía
Disortografía
TEA/TXD
Altas capacidades
TEL
TDAH
Diversidade funcional
Incorporación tardía ao Sistema Educativo
 
OBRADOIROS PREVENTIVOS
Enriquecemento educativo
Técnicas de estudo
Dificultades da linguaxe oral
    Lectoescritura