Infantil Primeiro Ciclo

COMO TRABALLAMOS...

 

Na nosa Escola somos conscientes de que cada neno e nena presentan distintos estilos e ritmos de aprendizaxe, polo que requiren unha atención personalizada que lles axude a coñecerse a sí mesmos, potenciando ao máximo as súas aptitudes, e aceptando as súas dificultades aprendendo así a superalas. O noso papel como educadoras será, polo tanto, acompañar aos nenos e ás nenas nesta tarefa intentado potenciar a curiosidade e o interese polo que os rodea, dunha maneira lúdica, afectiva e positiva.

Aproveitamos ao máximo as oportunidades que nos ofrece o entorno e coidamos os espazos, xa que cremos que é importante que os nenos e as nenas da escola se relacionen, favorecendo así que desfruten de maneira colectiva e así aproveitando o enriquecemento que supón compartir espazos.

Para poder levar a cabo todo o anterior, contamos con distintos recursos didácticos especializados. Diariamente traballamos con Bits de Intelixencia (Método Glenn Doman) e diferentes métodos educativos de estimulación temperá para favorecer o desenvolvemento das áreas cognitivas e así poder traballar de forma equilibrada as intelixencias múltiples, e dedicarásselle especial importancia o dessenvolvemento da intelixencia emocional e traballar a través da experiencia.

Tamén iniciamos aos nenos e ás nenas na lingua inglesa, a través de actividades lúdicas, cancións, contacontos, e vídeos educativos, xa que é sabido que canto máis cedo sexa a idade na que o alumnado comece a recibir contacto coas linguas secundarias maior facilidade obterá á hora de aprender unha lingua en etapas posteriores, xa que os nenos e ás nenas, nos primeiros anos de vida, son como esponxas lingüísticas.

 

Uniformidade Ver todas as circulares deste curso    As nosas fotiños
Resultado de imagen de mandilón dibujo Imagen relacionada Resultado de imagen de camara fotos dibujo

Novas

Última hora

Fai bastante que non vos contamos a través da nosa páxina o que andamos a facer pola Escola Infantil, así que andade atentos que nos próximos días procuraremos amosarvos imaxes dalgunhas das actividades [...]

Obradoiro sensorial

aula
Durante esta xornada adicámonos a pintar cos pes.

Obradoiro do Inverno

Escola Infantil
26/1/18
Obradoiro de Inverno

Vendima

Patio
Un ano máis os nosos peques celebraron a vendima

Magosto

Escola
Celebramos o Magosto.