Un reducido grupo de profesores e axentes de pastoral compoñen este equipo de dinamización pastoral no noso centro.
Reúnese ordinariamente: a principio de curso para elabora-lo Plan Pastoral de Centro, no fin do 1º e 2º trimestre para avalia-las accións pastorais e propoñer melloras, e a fin de curso para face-la avaliación final da acción pastoral e elabora-la Memoria de Pastoral.
Debe ter especial coidado de:
- Manter unha boa coordinación cos estamentos diocesanos e eclesiais.
- Reunirse co párroco do centro e do barrio, e cos equipos de traballo pastoral do arciprestado, zona pastoral,...
- Participar na presentación do Plan Diocesano de Pastoral, do curso catequético diocesano, do curso das OMP,…
- Coordina-la nosa participación en accións pastorais das distintas delegacións diocesanas ou en celebracións na cidade nos tempos de advento, pascua,...
- Presentar á comunidade educativa as accións pastorais.
- Coordinarse convenientemente co Departamento de Orientación.
- Coida-lo desenvolvemento das directrices de calidade pastoral.
Para contactar co equipo de pastoral podedes escribir a pastoral@fhsm.es