Uniformidade

Presentación

Optamos polo uso do uniforme escolar desde 1º Ciclo de Educación Infantil ata 1º Ciclo da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).

Obxectivos

Consideramos que constitúe un elemento inclusivo e integrador que:

  • Evita as manifestacións externas clasistas.
  • Corrixe a presión publicitaria polas marcas.
  • Supón un aforro e comodidade para as familias.

Guía do uniforme

Como os pequeniños de Primeiro Ciclo de Infantil teñen outras necesidades, adecuámonos a elas. Preme aquí para ver o uniforme requerido.

Para o resto do alumnado afectado, unicamente se permitirá o uniforme con estas características:

UNIFORME ESCOLAR

O pantalón será gris, de tergal (en ningún caso será de corte vaqueiro e non poderá ser desmontable, nin con petos baixos nos laterais das pernas)

A saia das nenas é tabloide con dianteiro plano, de cadros grises e granates, con ou sen tirantes.

As nenas poderán elixir saia ou pantalón.

Todos, tanto nenos como nenas, levarán:

  • Polo branco camiseiro de manga curta ou longa (sen escudo).
  • Calcetíns ou medias de cor granate.
  • Zapatos negros tipo colexial, preferible sen cordóns.
  • Xersei de cor granate, de escote redondo rematado nunha raia gris e con dúas raias grises no puño ou suadeira de cor granate con cremalleira (ambos os dous con escudo)

A prenda de abrigo no inverno (abrigo, parka…) só pode ser de cor azul mariña e terá cremalleira ou botóns que permitan a súa apertura completa.

UNIFORME DEPORTIVO

Chandal:

  • Pantalón azul mariño con dúas raias en diagonal (unha branca e outra vermella) na parte inferior da perna dereita.
  • Chaqueta azul mariña, con dúas franxas (unha branca e outra vermella) en triángulo na parte dianteira e co escudo do colexio.

Camiseta branca cos remates de cor azul mariña e escudo do colexio.

Calcetín deportivo branco sen escudo.

Calzado apto para a práctica deportiva, preferiblemente de cor branca.

Pantalón curto de Educación Física de cor azul mariña.

Tendas

El Corte Inglés