Proxecto educativo

Aspiracións

O noso modelo educativo busca:

  • complementar ás familias no proceso de educación integral do alumnado.
  • desenvolver a totalidade das funcións da persoa: sensibilidade, afectividade, intelixencia, volición. En síntese: sentidos e intelixencia, corazón e carácter.

Implica, xa que logo, un triple ámbito na preocupación docente: coñecemento, conduta e vontade, e a  aceptación de que a persoa é un complexo de corpo e espírito.

Responsabilidade social

O Fogar é un Centro:

  • aberto a todos, crentes ou non, co único límite do  respecto ao noso ideario.
  • comprometido na mellora e dignificación da nosa sociedade.
  • que acolle e colabora coas diversas institucións cristiás e civís de sinalado compromiso social.
  • que exclúe o afán de lucro.

Filosofía educativa

Aspiramos a ofrecer unha educación integral,  activa e personalizada que permita:

  • desenvolver en cada alumno/a as súas cualidades  respectando o seu ritmo de aprendizaxe e maduración.
  • orientar a nosa acción formadora desde os dereitos e liberdades fundamentais dentro dos principios  democráticos de convivencia e potenciando a solidariedade, o respecto aos demais, a actitude de diálogo e os valores democráticos.

Plan de convivencia

O plan de convivencia do centro é o documento no que se articula a convivencia escolar, que garante unha educación no exercicio dos dereitos e das liberdades dentro dos principios democráticos de convivencia, así como na prevención de conflitos e a súa resolución pacífica.

Descarga o Proxecto Educativo Descarga o Plan de Convivencia