Orientación

O Departamento de Orientación

O Departamento de Orientación é un equipo interdisciplinar que apoia e asesora de forma permanente a toda a comunidade educativa naquelas actuacións encamiñadas a contribuír á formación integral do alumnado, desenvolvendo as súas funcións nos ámbitos relacionados coa orientación psicopedagóxica, académica e profesional.

Este departamento ten entre outras as seguintes funcións:

  • Deseñar accións encamiñadas á atención temperá, prevención de dificultades e mellora da convivencia escolar.
  • Valorar as necesidades educativas do alumnado e deseñar a intervención en función destas.
  • Participar na avaliación psicopedagóxica e no deseño e desenvolvemento das diferentes medidas de atención á diversidade.
  • Proporcionar o apoio e asesoramento necesarios ao alumnado para enfrontar os momentos escolares máis decisivos ou de maior dificultade facilitando a toma de decisións sobre o seu futuro.
  • Establecer canles de comunicación cos diferentes servizos ou institucións externas ao centro que participan na formación integral do alumnado.
  • Promover a cooperación entre o centro e as familias.
  • Impulsar a participación do profesorado en programas de formación e innovación educativa.

O Departamento de Orientación está integrado por diferentes profesionais do ámbito da psicopedagoxía que se distribúen por cada unha das etapas educativas co fin de garantir unha atención personalizada e integral ao longo de toda a vida académica do alumnado.

Se desexa poñerse en contacto co Departamento de Orientación do Centro pode enviar un correo á siguinte dirección:

chsm.orientacion@gmail.com

 

 

 

 

 

Novas

Visitamos as instalacións da Voz de Galicia

Como remate do noso proxecto xornalístico, os alumnos e alumnas do Taller de Enriquecemento visitamos as instalacións da Voz de Galicia.

Pecha a nosa redacción cun ata sempre rapaces!

Fin do taller de enriquecemento de Primaria do curso 2017/18.

Festa de remate dos talleres de estimulación da linguaxe en Educación Infantil.

Un ano mais remataron os talleres de estimulación da linguaxe con unha gran festa.

Taller de Xestión de Emocións

A Fundación Mapfre e a Fundación Bertín Osborne impartirán un Taller gratuíto de Xestión de Emocións dirixido a familias de nenos e nenas con discapacidade.

Durante o segundo trimestre continuamos cos nosos talleres de Linguaxe Oral con novas actividades e sorpresas.

Actividades e xogos de sopro, respiración , de manexo da conciencia fonolóxica, relaxación, praxias, lectoescritura, conta contos...son algunhas das moitas actividades que facemos.