Madrugadores

Para atender ás familias que precisan que os seus fillos accedan ao colexio antes do inicio das clases, existe o servizo de madrugadores, nas etapas de  Educación Infantil e Educación Primaria Obrigatoria.

Este servizo ofértase dende as 07:30 ata a hora de entrada nas aulas. Se a entrada se realiza entre as 07:30 e as 07:45, o servizo pode incluir almorzo.

Durante o tempo que o alumno fai uso deste servizo, realiza actividades adaptadas a cada idade, estando supervisados en todo momento por persoal do centro.