Charlas e talleres preventivos

Ao longo do curso escolar desenvólvense unha serie de charlas e talleres preventivos coa finalidade de mellorar a convivencia no Centro e anticiparnos a circunstancias ou situacións que podan ser un obstáculo para o seu axeitado desenvolvemento físico, psicolóxico e socioemocional.

Algunhas destas actuacións son postas en marcha por persoal do propio Centro, mentres que outras son levadas a cabo por profesionais e institucións externas que ofrecen a súa colaboración á comunidade educativa tales como o Concello, Policía Nacional mediante o programa Plan Director, Policía Local a través do Axente Titor, etc.

Os contidos a traballar versarán sempre sobre temas actuais que poden influír nas vidas do alumnado. Tentarase ademais dar resposta ás necesidades e intereses manifestados polos propios rapaces, abarcando aqueles aspectos ou temas relacionados con convivencia que eles mesmos nos demanden.

Algunhas das charlas e talleres preventivos relacionados coa convivencia escolar levados a cabo nos últimos cursos versan sobre os seguintes temas:

  • Prevención do acoso e ciberacoso.
  • Uso adecuado das redes sociais.
  • Prevención de drogodependencias.
  • Igualdade e prevención da violencia de xénero.
  • Habilidades sociais.
  • Intelixencia emocional.
  • Alimentación saudable. Prevención de trastornos da conduta alimentaria.
  • Diversidade cultural.