Convivencia

Desde o Fogar de Santa Margarida entendemos a convivencia como un das bases fundamentais nos que se sustenta o obxectivo xeral da educación, o desenvolvemento integral do alumnado. Non é de estrañar que o ambiente que nos rodee inflúa no noso estado anímico e este na nosa motivación para enfrontarnos ante os retos da vida cotiá. Poñer os nosos esforzos en mirar máis aló dos resultados académicos, do xurdimento de posibles conflitos e do proceso metodolóxico de ensino, para comprender e mellorar día a día, equivale a coidar as relacións entre tódolos membros da comunidade educativa. Neste aspecto seguimos a Ortega e colaboradores (1998) ao asumir que non falamos só do estudantado, senón de profesores e profesoras, familias, así como da comunidade na que vivimos e os seus recursos.

O Centro promove unha convivencia pacífica onde o compañeirismo, a confianza, o respecto e a igualdade son signos de identidade interiorizadas para a mellora da calidade educativa. Nesta liña baséase o traballo que realizamos, tratando de transmitir estes e outros valores tan necesarios para acadar unha vida académica e social satisfactoria.