Benvida

Invitámosvos a acceder á información sobre a nosa comunidade educativa e sobre os servizos que o noso Centro, unha das institucións con máis historia da Coruña, ofrece.

A busca da excelencia educativa, o compromiso e esforzo de profesores, persoal de administración e servizos e colaboradores é unha constante da nosa institución desde o inicio do seu compromiso cristián, social e educativo, no barrio de Santa Margarida e Agra do Orzán a partir de 1929.

O centro pertence á Fundación do mesmo nome. É un centro privado concertado que opta polo compromiso social e educativo e pola renovación permanente na busca dun mellor servizo ao alumnado e ás familias. Neste contexto foi seleccionado pola Administración para participar como centro experimental nas sucesivas reformas educativas a partir dos anos 70.

Estamos abertos ás vosas suxestións e comentarios que, de seguro, axudarán a que a calidade educativa continúe a ser o noso referente.