Biblioteca

          Ligazóns

          Recursos

          Imaxes

 

Instalacións

A biblioteca conta cun encargado a tempo completo (con formación específica en Animación á Lectura e en organización de bibliotecas escolares), co que pode ofrecer atención ao alumnado en horario escolar e extraescolar, permanecendo aberta de 8:30 a 14:00 e de 14:45 a 17:30. Cada grupo de Infantil e Primaria conta cunha Hora de Biblioteca á semana, mais os alumnos poden acudir á sala cando o precisen. Os estudantes de ESO, FP e Bacharelato tamén poden vir á biblioteca en calquera momento.

Ademais, a biblioteca dispón de diferentes espazos, como unha zona para os máis pequenos, na que estes poden desfrutar dos libros tranquilamente na alfombra, e que tamén se emprega a diario para actividades de animación lectora, como contacontos ou representacións de obras de teatro. Tamén existe unha ampla zona de mesas, na que o alumnado pode realizar traballos, estudar ou investigar, todo isto co apoio dos ordenadores cos que conta a sala.

Actividades

- Contacontos: é a actividade por excelencia da biblioteca do Fogar. Cada día levamos a cabo contacontos cos que presentamos unha gran variedade de historias ao alumnado. A maioría destas sesións son desenvolvidas polos propios alumnos, que logo de preparar a obra escollida, realizan o contacontos diante dos seus compañeiros.

- Representacións teatrais: é unha das actividades que levamos a cabo cada semana, pois día a día vemos como o teatro axuda aos alumnos a desenvolver a súa creatividade, a perder o medo a actuar fronte a un público, a aumentar a confianza en si mesmos, a ser solidarios no traballo grupal, a reforzar a súa empatía... 

-Club de banda deseñada: no curso 2018-2019 botamos a andar este proxecto, destinado a achegar o mundo do cómic aos estudantes de Secundaria, FP e Bacharelato. O proxecto pretende dar a coñecer aos estudantes obras e autores fundamentais deste xénero, prestando especial atención á banda deseñada creada por autores galegos. Outro dos principais obxectivos que perseguimos é dotar á muller da presenza que merece neste eido, poñendo en valor a obra de diferentes creadoras. Así, cada trimestre levaremos a cabo un encontro na biblioteca cunha autora de banda deseñada, cuxas obras traballaremos previamente.

-Radio Fogar: no curso 2018-2019 inauguramos Radio Fogar, un proxecto co que, desde o Plan Lector, pretendemos aproveitar todas as posibilidades que ofrece este medio de comunicación de cara á formación do alumnado en alfabetizacións múltiples, ao mesmo tempo que tratamos de consolidar a biblioteca como un espazo creativo de aprendizaxe.

-Maletas científicas: proxecto dirixido ao alumnado de 5º de Primaria, que busca fomentar entre os estudantes a lectura de libros sobre ciencia e espertar neles a curiosidade polo mundo científico en xeral. Así, prepáranse varias maletas compostas por libros relacionados coa ciencia, que os estudantes deste curso levan para as súas casas en préstamo.

-Maletas viaxeiras: nos niveis de 3º e 4º de Educación Intantil desenvolvemos esta actividade, na cal maletas cheas de libros viaxan até as casas dos alumnos destes cursos.

-Concurso de creación literaria: cada curso convocamos un certame de creación literaria (de contos de medo, de relato fantástico, de poesía...) dirixido a todo o alumnado.

-Concurso de fotografía: concurso que celebramos cada curso, e no que cada estudante pode participar cunha fotografía sobre un tema dado. O concurso consta de varias categorías e as mellores fotografías son expostas nun gran mural.

- Conmemoración de Días Mundiais e InternacionaisDía Escolar da Non Violencia e a Paz, Día Mundial da Poesía, Día Mundial do Medio Ambiente, Día Mundial contra o Traballo Infantil, Día Internacional de Nelson Mandela... Cremos que hai determinadas datas e conmemoracións que deben ser traballadas, pois nos levarán á reflexión, ao debate, ao diálogo e, en definitiva, a converternos en persoas sensibles co mundo que nos rodea. Por esta razón, cada curso celebramos días concretos mediante o desenvolvemento de actividades, como exposicións, elaboración de murais, traballos de investigación, contacontos, representacións teatrais, encontros con membros de diferentes asociacións, debates...

- Visitas de familiares: abrirvos o Centro a vós, as familias, é unha das prioridades do Plan Lector, pois cremos que é esencial que as dúas institucións fundamentais na educación de todo neno, a familia e a escola, vaiamos da man. Por iso, para coñecervos e para que nos coñezades, e porque sabemos que tedes moito que achegar, nais, pais, avós, avoas, etc., desde o curso 2015/16 tedes a oportunidade de visitar a biblioteca para desenvolver sesións de contacontos, talleres relacionados con algunha das vosas afeccións ou co voso oficio... 

- Encontros con escritores, ilustradores, músicos...: achegar a arte aos nenos e ás nenas pasa, tamén, por achegalos aos artistas, polo que cada curso invitamos ao Centro a creadores de diferentes ámbitos, para que manteñan encontros cos nosos estudantes. Nos últimos tempos, téñennos visitado escritores como Xoán González, Núñez Singala, Andrea Maceiras ou Xoán Babarro, e músicos como Mero, Mini ou Raúl Galego.

- Axudantes de bibliotecaconsideramos que unha biblioteca escolar a crean os propios alumnos, razón pola que desde hai varios cursos as nenas e os nenos do Fogar participan activamente na xestión e organización da biblioteca. Entre as diferentes tarefas nas que colaboran, podemos destacar: a catalogación e o etiquetado de obras, o préstamo de libros aos compañeiros, a decoración da biblioteca en datas sinaladas (Samaín, Nadal, Entroido...)...

O que se pretende é que a biblioteca continue a ser un fervedoiro cultural multidisciplinar, no que os alumnos poidan desenvolver todas as súas potencialidades no tocante á creatividade, á expresión oral, á expresión escrita, á busca de información, ao emprego das TIC, etc., marcándonos como un dos obxectivos fundamentais a formación en valores.

GuardarGuardar

GuardarGuardarGuardarGuardarGuardarGuardar

Novas

Audioconto - Fadas, Xián e un lobiño con cara de can

Radio na Biblio
Xuño 2019
A continuación, presentamos unha nova actividade da nosa radio escolar, "O Fogar da Radio". Estimados pais e nais: agora que se achegan as vacacións de verán, coas suas longas viaxes en coche, podedes aproveitar para [...]

Audioconto: Unha Navidade no Everest

O Fogar da Radio
Mayo 2019
Audioconto gravado polos alumnos dos grupos "A" de Educación Primaria.

Audioconto "A Illa Misteriosa"

O Fogar da Radio
Audioconto gravado polos alumnos dos grupos "C" de Educación Primaria.  

As arepas

Oa lumnado de 6ºC de Infantil desenvolveu un traballo sobre as arepas, dentro do proxecto UN FOGAR DE PAÍSES.

Viaxando polo mundo dos contos coa escritora Berta Roca

Biblioteca
Onte, 27 de febreiro, tivemos o pracer de recibir a visita da escritora Berta Roca, que fixo desfrutar aos pícaros de 6º de Inf. A coa súa obra Luisito zurdo (Beginbooks Ediciones).