Plan Lector

O Plan Lector do Centro somos unha comisión nacida hai xa cinco anos, que cremos firmemente na lectura como ferramenta fundamental para o crecemento e o desenvolvemento das persoas. Desde esta perspectiva, asumimos que o mellor camiño para crear lectores é espertar o pracer pola lectura. Nesta liña, pensamos que resulta fundamental deseñar un Proxecto de Animación Lectora, coidadosamente planificado, que teña a biblioteca escolar como auténtico eixe e que logre implicar a toda a comunidade educativa (alumnos, docentes, bibliotecarios, nais e pais...). Para levar a cabo este labor, contamos cun equipo no que están presentes membros de todos os niveis educativos (Infantil, Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato), así como do Departamento de Orientación e de Pastoral. 

Obxectivos

  • Fomentar a lectura e a escritura e recoñecer a lectura como fonte de pracer e desfrute.
  • Habituar os rapaces á utilización das bibliotecas con finalidades recreativas, informativas e de educación permanente.
  • Achegar os nenos ao mundo do teatro, das lendas, do cómic, dos contos, do debate...
  • Mellorar a expresión oral e escrita e adquirir hábitos de escoita en diferentes linguas.
  • Favorecer a competencia literaria, cultural e artística.
  • Fomentar o uso das TIC e educar no uso crítico da información, así como integrar a cultura impresa e a cultura dixital.
  • Estimular o desexo de investigar e de saber, e favorecer a sensibilidade, a curiosidade, a imaxinación e a creatividade do alumnado.
  • Fomentar hábitos de conduta que potencien a socialización, a tolerancia, a empatía e a cooperación entre compañeiros e cara os demáis.
  • Potenciar a relación coas familias e implicalas na vida do Centro.
  • Concienciar o alumnado da igualdade de xénero e desenvolver unha actitude crítica cara comportamentos sexistas.
  • Coñecer e valorar a importancia dos dereitos humanos.

Compoñentes

María Purificación Otero Abadín

Iria María García Silva

Caridad Pintor Costoya

Silvia Picos Lorenzo

Agustina Eiriz Suárez

Miguel Mosquera Villasante

Carolina Gabín López

Xosé Manuel Varela Varela

Brais Rodríguez Verde

Juan Manuel Pintos Casal

Luis Román Suárez Canedo

Paula García Rego

Xulián Barros Reimúndez