É de carácter OBRIGATORIO o uso do uniforme escolar todos os días e para todos os alumnos e alumnas.
Este uniforme consta de:
- Mandilón
- De cadros tipo vichy en azul e branco con detalles en cor granate. Debe vir marcado co nome e primeiro apelido do neno/a por fóra, e cunha cinta para poder penduralo das perchas.
- Chándal
- Pantalón azul mariña co escudo do colexio.
- Chaqueta azul mariña, co distintivo FSM na parte dianteira.
- Camiseta
- A camiseta debe ser de cor branca e mangas azuis, co escudo do colexio na parte dianteira e o distintivo FSM na parte traseira.
- Calzado
- Deportivo, de cor branca e de velcro. Non están permitidos os cordóns.
- Unha mochila ou bolsa para levar e traer todos os días o babeiro para aqueles nenos e nenas que fagan uso do servizo de comedor.
- Todo o alumnado debe traer cada luns á escola unha botella de auga con tapa adaptada para favorecer a autonomía do alumnado.
- Todo o alumnado debe traer nunha bolsa unha muda completa (body - camiseta - braga ou calzón, pantalón, suadeira, camiseta exterior, calcetíns) para deixar na escola por se fixera falta nalgunha ocasión. A muda non é preciso que sexa roupa uniformada.
- Dúas fotos actuais tamaño carné.
O alumnado que faga uso do comedor precisará de forma obrigatoria:
- Babeiro plástico, impermeable e con mangas, que se levará a lavar todos os días.
O alumnado que faga uso da sesta precisará de forma obrigatoria:
- Manta ampla e adaptada á época do ano na que nos atopemos, e unha bolsa para poder gardala na escola. Levarase a lavar os venres.
Lembrade que todo o que se traia á escola debe vir marcado co nome e primeiro apelido.
Tendas
El Uniforme. (Pulse AQUÍ para acceder directamente ós NOVOS UNIFORMES do noso centro na súa.)
