Disortografía

Que é a disortografía?

A disortografía é unha dificultade específica da escritura. Os alumnos que a presentan teñen complicacións para escribir as palabras coa súa ortografía correcta, pero o trazado das  palabras ou a súa grafía non están alterados.

Aínda que é habitual ler documentos ou escoitar a distintas persoas comparando ou falando indistintamente de disortografía, dislexia e, en menor grao, de disgrafía, é importante ser conscientes da súa principal diferenza, como reflectimos na seguinte táboa.

 

 

DISLEXIA

DISGRAFÍA

DISORTOGRAFÍA

Afecta a:

Lectura e escritura

Trazado das letras

Ortografía

Fonte: DO Fogar Santa Margarida

 

A que idade preséntase e que dificultades leva?

A partir de 3º de primaria con 8 anos, momento no que as regras ortográficas xa deberían ir asentándose, estas dificultades poden ir evidenciándose. O alumnado con esta problemática escribirá indistintamente barco/varco, ave/abe, hora/ora sen que isto afecte nin á súa velocidade lectora nin á súa comprensión. Con todo, si adoitan ter complicacións na aprendizaxe de idiomas que non se poden ler nin escribir pola ruta fonológica, por exemplo, o inglés, francés etc.
 
Aínda que son alumnos e alumnas que habitualmente non chaman a atención e superan os cursos sen problema, a pesar do esforzo que deben realizar, hai que mencionar que podemos atopar casos leves -baseados nas faltas de ortografía e algunhas omisións ou confusións en artigos, plurais ou acentos- e outros máis graves onde se fan habituais as dificultades na correspondencia grafema morfema, erros e omisións, confusión de letras, sílabas, etc.
 

Como se enfoca a intervención desde o Centro?

A pesar de que a atención ao alumnado é sempre individualizada e adaptada ás características e necesidades de cada un deles, partimos sempre dunha liña de intervención preventiva na que participa tanto o profesorado como o Departamento de Orientación.
 
Tendo en conta os centros de interese do alumnado, realízanse actividades específicas de forma individual ou en pequenos grupos, mediante o emprego de ferramentas TIC e de recursos didácticos variados.