Enriquecemento educativo

Unha das respostas educativas que ofrecemos ao noso alumnado de altas capacidades, son os talleres de enriquecemento educativo.

Mediante os nosos talleres poderán vivir unha serie de experiencias de aprendizaxe amplas baseadas nos seus centros de interese; estimularemos o seu pensamento diverxente, crítico e creativo, e animarémoslles a experimentar e a concibir novas ideas.

Ademais, a estrutura destes talleres incentiva o desenvolvemento socioemocional dos alumnos participantes; os cales, ao agruparse de maneira flexible e enfrontarse a retos en equipo, conseguirán un desenvolvemento harmónico da súa intelixencia intra e interpersoal.

O noso obxectivo xeral é favorecer, por tanto, a súa motivación intrínseca, estimulando as súas habilidades e estratexias de resolución de problemas e potenciando o desenvolvemento dunha boa intelixencia emocional.

Actualmente no Centro organízanse talleres dirixidos ao alumnado de Educación Primaria. Nun futuro próximo organizaranse tamén talleres dirixidos ao alumnado de Educación Secundaria.