Transporte

O Fogar de Santa Margarida conta, en función das solicitudes do curso escolar, cun servizo de transporte. Con este servizo trátase de atender as necesidades de desprazamento dos alumnos que así o precisen. 

Autocares Vázquez crea as liñas e os percorridos en función das localizacións dos alumnos que empreguen este servizo. Para unha maior personalización do servizo trátase de establecer cada parada segundo as demandas das familias. 

A oferta deste servizo abrangue dende Educación Infantil ata Educación Primaria, sempre que exista suficiente demanda. Conta en todo momento con coidadoras que acompañan aos alumnos durante todo o traxecto.