O currículo do Ciclo Formativo de Formación Profesional Básica do título profesional básico en Servizos Comerciais ven establecido polo DECRETO 107/2014, do 4 de setembro.
Competencia xeral do título
A competencia xeral do título profesional básico en Servizos Comerciais consiste en realizar operacións auxiliares de comercialización, merchandising e almacenaxe de produtos e mercadorías, así como as operacións relacionadas de tratamento de datos, seguindo protocolos establecidos, criterios comerciais e de imaxe, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental correspondentes, e comunicándose de xeito oral e escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
Competencias do título
As competencias profesionais, persoais e sociais, e as competencias para a aprendizaxe permanente do título profesional básico en Servizos Comerciais son as que se relacionan:
- Recibir mercadorías no almacén, rexistrar as entradas conforme procedementos e manexalas, transportalas e colocalas utilizando carretas automotoras ou manuais e medios de manipulación complementarios.
- Realizar recontos e inventarios periódicos de mercadorías e manter actualizada a información nos puntos de venda, realizando inventarios e recontos periódicos, e detectando desabastecementos e incidencias.
- Colocar elementos de animación en puntos de venda e dispor produtos nos expositores e lineais, seguindo instrucións, aplicando criterios comerciais e respectando a imaxe da empresa.
- Aplicar técnicas de empaquetaxe e presentación atractiva de produtos, para facilitar a súa promoción no punto de venda e transmitir a imaxe da empresa.
- Seleccionar mercadorías ou produtos, conforme ordes de traballo, e embalar e etiquetar unidades de pedido, utilizando ferramentas de control e peso, así como medios de etiquetaxe e embalaxe, para preservar a conservación e a estabilidade do pedido ata o seu destino.
- (Ver máis)
Obxectivos
Os obxectivos xerais do ciclo formativo de Formación Profesional Básica de Servizos Comerciais son os seguintes:
- Recoñecer as fases do procedemento de recepción e rexistro de mercadoría en almacén, así como os seus espazos e as súas zonas, en relación con cada tipo de mercadoría, para proceder á súa recepción, o seu transporte e manexo, e a súa colocación.
- Identificar os procesos de reconto e control no almacén e de información en puntos de venda, seguindo instrucións e cubrindo os documentos necesarios, para realizar inventarios e manter actualizada a información de abastecemento.
- Recoñecer equipamentos e técnicas de exposición de mercadorías, vinculándoos a cada tipo de empresa, para colocar elementos de animación en punto de venda e dispor os produtos.
- Identificar materiais e técnicas de empaquetaxe en relación co tipo de produto e coa imaxe da empresa, para realizar a presentación atractiva de produto.
- Recoñecer e empregar as ferramentas de control, peso e embalaxe de mercadorías en relación coas fases de preparación de pedidos e as ordes de traballo, para seleccionar, embalar e etiquetar mercadorías.
- Identificar as necesidades da clientela e a información precisa para as satisfacer, aplicando técnicas e protocolos de resolución de incidencias e queixas, para atender a clientela.
- (Ver máis)