Na nosa Escola Infantil, temos como prioridade atender á diversidade da aula tendo en conta as características individuais de cada alumno e alumna, alén das propias da etapa educativa. É por iso, que partimos sempre do nivel de desenvolvemento do alumnado levando a cabo unha ensinanza individualizada.
A nosa metodoloxía basease nun enfoque construtivista priorizando as aprendizaxes significativas (Ausubel) a través da observación e a experimentación. Ademais, consideramos fundamental desenvolver a capacidade de aprender a aprender, adquirindo as competencias necesarias para a vida. Polo tanto, intentamos en todo momento, levar a práctica metodoloxías innovadoras que atendan aos intereses dos pequenos mantendo, sempre viva, a súa motivación.
As actividades que levamos a cabo son variadas e lúdicas, convertendo aos nenos e nenas en protagonistas da súa aprendizaxe. Deste xeito, fomentamos o pensamento crítico e a resolución de problemas. Porén, algúns dos materiais cos que traballamos diariamente son os bits de intelixencia (Método Glenn Doman) e materiais baseados na pedagoxía Montessori.
Facemos especial fincapé na Intelixencia Emocional (Gardner, Goleman e Mar Romera) e no aprendizaxe cooperativo outorgándolle ao xogo un papel indispensábel.
Seguindo coa liña pedagóxica do colexio, fomentamos o plurilingüismo na vida cotiá da aula.
Todo o exposto anteriormente, é levado a cabo a través dun enfoque globalizador e baixo un clima de afecto e confianza facéndolle sentirse cómodos e queridos coma o gran fogar que é.
Regulamento interno | Uniformidade |
Regulamento interno |