Vivencia comunitaria

  • Convivencias de inicio de curso: Tentamos crear un clima de fraternidade e espírito positivo cara ó novo curso. Este ano, propuxemos a realización dun treito do Camiño de Santiago, para gaña-lo Xubileo da Misericordia, o día 26 de outubro.
  • Convivencias e campamentos: Procuramos espazos para comparti-la vida e poñer en xogo os valores aprendidos, interactuando no medio natural.
  • Acompañamento pastoral: Temos establecido un servizo de acompañamento para a maduración e o crecemento persoal, dende a cercanía e a amizade, mostrando interese pola vivencia da fe e dando apoio nas posibles dificultades. Axudamos a nenos e mozos a descubri-la propia vocación e a responder ó proxecto de vida que Deus ten para cadaquén.