Testemuño cristián

  • Campañas solidarias: Os cristiáns nunca podemos esquecernos dos que pasan necesidade. Por isto, preparamos campañas de recollida de alimentos en Nadal (operación quilo), dinamizámo-la recollida de roupa en colaboración con Cáritas, colaboramos coas accións do Domund, da Infancia Misioneira,... Tamén, organizamos en febreiro a xornada a prol da paz dentro da "Campaña contra a fame no mundo" de Mans Unidas.
  • Asociacionismo cristián: A nosa escola, dende unha escala de valores evanxélicos, prepara ós alumnos para que sexan capaces de facer opcións libres e responsables que dean sentido á vida. Iniciouse no pasado verán o "Fogar Xuvenil", unha asociación dos mozos de bacharelato e exalumnos, que son voluntarios en moitas actividades do noso centro.