Equipo
O equipo de Dinamización Lingüística está constituído polos seguintes membros:
— Carlos Luis Medrano Martínez (coordinador)
— Xosé Manuel Varela Varela (profesor)
— Xoán Campos Filgueira (profesor)
— Pablo Quintá García (profesor)
— Julián Barros Reymúndez (Responsable biblioteca)
— Brais Rodríguez Verdes (profesor)
— Sabrina Varela Pereira (alumna)
— Sara Sierra Teijeiro (alumna)
— Uxía Quintas García (alumna)
— Miguel Fornís Vázquez (alumno)
Este equipo fixa os obxectivos e coordina as actividades que potencian o uso do galego en toda a comunidade educativa.
Obxectivos
- Facer do galego a lingua de uso en todos os niveis por medio do enriquecimento do vocabulario, a pronuncia, a modulación, a capacitación creativa, a creación de textos propios e orixinais, a transformación de textos….
- Fomentar a transmisión do galego no ámbito familiar facendo copartícipes ás familias nas actividades de lectura en galego.
- Dotar de libros en galego as bibliotecas do Centro e aula para aumentar a lectura diversa no alumnado nos distintos niveis.
- Fomentar o emprego do galego no profesorado durante súa docencia e na interacción coas familias.
- Dar a coñecer ao alumnado nos distintos niveis as tradicións culturais galegas. Cantar e interpretar melodías do cancioneiro galego.
- Recuperar e celebrar as festas tradicionais e realizar os xogos populares típicos de Galicia. Construír instrumentos populares a partir de materiais de reciclaxe. Coñecer unha das festas pagás máis importantes da nosa cultura: o entroido.
- Participar activamente na homenaxe ao autor anual das Letras Galegas, coñecer a súa figura e a súa obra.
- Promover encontros con contacontos, escritores e cantautores galegos para promocionar o uso social da lingua.
- Levar a cabo o plan anual de lectura en galego dentro do Plan Lector do Centro para adquirir unha boa competencia en comprensión oral e escrita.
- Difundir a figura do autor homenaxeado nas Letras Galegas a través das TICS do Centro.
- Coñecer os trazos de figuras da literatura galega que nacesen ou tivesen como temática o espazo xeográfico do concello de Carral (Monumento aos Mártires de Carral...). Coñecer as paisaxes, lugares e elementos singulares do contorno próximo relacionados con este territorio.
- Aplicar as Tics a distintos ámbitos da lingua e literatura.
...
Actividades
Se queres saber máis sobre os obxectivos e actividades feitas preme aquí.