Máis sobre Dinamización Lingüística

Obxectivos

  1. Facer do galego a lingua de uso en todos os niveis por medio do enriquecimento do vocabulario, a pronuncia, a modulación, a capacitación creativa, a creación de textos propios e orixinais, a transformación de textos….
  1. Fomentar a transmisión do galego no ámbito familiar facendo copartícipes ás familias nas actividades de lectura en galego.
  1. Dotar de libros en galego as bibliotecas do Centro e aula para aumentar a lectura diversa no alumnado nos distintos niveis.
  1. Fomentar o emprego do galego no profesorado durante súa docencia e na interacción coas familias.
  1. Dar a coñecer ao alumnado nos distintos niveis as tradicións culturais galegas. Cantar e interpretar melodías do cancioneiro galego.
  1. Recuperar e celebrar as festas tradicionais e realizar os xogos populares típicos de Galicia. Construír instrumentos populares a partir de materiais de reciclaxe. Coñecer unha das festas pagás máis importantes da nosa cultura: o entroido.
  1. Participar activamente na homenaxe ao autor anual das Letras Galegas, coñecer a súa figura e a súa obra.
  1. Promover encontros con contacontos, escritores e cantautores galegos para promocionar o uso social da lingua.
  1. Levar a cabo o plan anual de lectura en galego dentro do Plan Lector do Centro para adquirir unha boa competencia en comprensión oral e escrita.
  1. Difundir a figura do autor homenaxeado nas Letras Galegas a través das TICS do Centro.
  1. Coñecer os trazos de figuras da literatura galega que nacesen ou tivesen como temática o espazo xeográfico do concello de Carral (Monumento aos Mártires de Carral...). Coñecer as paisaxes, lugares e elementos singulares do contorno próximo relacionados con este territorio.
  1. Aplicar as Tics a distintos ámbitos da lingua e literatura.
  1. Dotar de DVDs en galego as bibliotecas do Centro para fomentar o cine no noso idioma en distintos niveis.
  1. Impulsar a asistencia a representacións teatrais, audiovisuais e musicais en galego.
  1. Fomentar o uso do galego na música, no cine e aprender a disfrutalos.  Analizar a rima e ritmo das coplas da nosa tradición musical.
  1. Aplicar as Tics durante os concertos mostrando escenas de películas que se están interpretando.
  1. Aplicar as Tics na aula de música.
  1. Promover encontros con músicos e artistas galegos para promocionar a música e lingua da nosa Comunidade. Interpretar e ensinar aos nenos estas cancións de entroido a través dun concerto didáctico.
  1. Recuperación de nomes e espazos naturais con denominación galega: bosque e sobosque coas especies propias do país, vales, ríos, regachos, albedros, castros, vilas, casales e vilegos coa arquitectura propia galega, as augas termais, as Illas Atlánticas.
  1. Coñecer os feitos lingüísticos e literarios máis relevantes acaecidos historicamente na cidade da Coruña.
  1. Potenciar, de forma lúdica, a presenza do galego nos hábitos lectores do alumnado.
  1. Favorecer a comprensión lectora, a capacidade de razoamento crítico e outras destrezas comunicativas básicas a través da lingua galega.
  1. Darlle a coñecer ao alumnado a enigmística popular, como unha das mostras das nosas tradicións culturais.
  1. Facer uso das novas tecnoloxías para a divulgación da lingua galega a través de textos combinativos orais, escritos, musicais...
  1. Desenvolver a creación literaria sobre un tema dado. Fomentar o hábito da lectura. Fomentar a expresión oral de textos escritos de carácter humorístico.
  1. Habituar aos rapaces á utilización das bibliotecas con finalidades recreativas, informativas e de educación permanente. Afondar na relación do neno/a coa biblioteca. Espertar, crear e estender o gusto pola lectura. Desenvolver a imaxinación e a creatividade a través dos recursos que oferta a biblioteca. Afondar nos hábitos de comportamento na biblioteca. Iniciar aos nenos/as na metodoloxía bibliotecaria. Aprender a buscar, organizar e aplicar a información dispoñible.
  1. Potenciar a comunicación gráfica e visual. Fomentar a creatividade. Educar no uso crítico da información. Favorecer a competencia literaria. Desenvolver a  competencia cultural e artística.
  1. Valorar os contos coma un instrumento de comunicación. Gozar cos contos. Recoñecer a lectura como fonte de pracer. Ampliar vocabulario. Adquirir, de forma  paulatina, hábitos de escoita. Escoitar atentamente e comprender a información dun relato lido. Fomentar o hábito da lectura. Memorizar e cantar algunha parte do conto. Introducir os nenos nun espazo como a biblioteca desde os primeiros anos. Axudar a espertar o gusto polos libros. Potenciar a imaxinación e a fantasía do neno, introducíndoo noutros mundos. Achegar os nenos á lingua galega desde os primeiros anos de vida. Propiciar a adquisición de novos coñecementos, novo vocabulario e de valores fundamentais como a solidariedade ou o respecto.
  1. Plasmar unha idea mediante unha imaxe. Desenvolver valores estéticos a través da linguaxe da imaxe. Potenciar a imaxinación dos nenos e nenas. Desenvolver a capacidade creativa dos  alumnos e alumnas. Incrementar o desenvolvemento da súa personalidade a través do incremento da experiencia.
  1. Fomentar o hábito da lectura entre os alumnos/as e desenvolver a súa competencia lectora. Fomentar a imaxinación, a creatividade e a adquisición de novos coñecementos por parte do alumnado. Favorecer a competencia literaria. Mellorar a expresión oral e escrita do alumnado. Utilizar a lingua eficazmente na actividade escolar para buscar, seleccionar e procesar información e para redactar textos.
  1. Adquirir novos coñecementos. Fomentar o hábito da lectura. Educar no uso crítico da información. Favorecer a competencia literaria. Desenvolver a competencia lectora.
  1. Fomentar o hábito da lectura. Recoñecer a lectura como fonte de pracer.  Favorecer a competencia literaria. Implicar a familia.
  1. Valorar as adiviñas coma un instrumento de comunicación. Recoñecer  as adiviñas como un elemento do folclore galego. Deducir ou adivinar elementos a través dunhas indicacións previas. Gozar coas adiviñas. Ampliar o vocabulario. Adquirir, de forma paulatina, hábitos de escoita. Escoitar atentamente e comprender unha adiviña.Desenvolver o razoamento deductivo. Xogar ás adiviñas. Invención de adiviñas.         Promover o  traballo en equipo. Respectar as normas para o intercambio comunicativo e a quenda de palabra. Implicar a familia.
  1. Coñecer os principais autores galegos. Coñecer as súas obras máis destacadas. Despertar as súas capacidades de busca e inxenio. Respectar as normas dun xogo.
     
  2. Facilitar a comprensión de contidos teóricos no proceso de aprendizaxe. Estimular e motivar ao alumno a partir da experiencia; pensar e       facer creativamente. Utilizar a palabra como medio de expresión. Potenciar a lectura, a competencia lectora, a ampliación de vocabulario e corrixir defectos de dicción.  Analizar as personaxes e situacións representadas para comprender outros momentos históricos.
     
  3. Favorecer o emprego da lingua galega entre a mocidade, especialmente os usos orais en contextos formais e informais.
     
  4. Potenciar a fluidez comunicativa ligada á oratoria.
     
  5. Promover o pensamento crítico e analítico.
     
  6. Fomentar a diversidade de opinións, a tolerancia fronte a diferentes cuestións e o traballo en equipo.
     
  7. Achegar os nenos á diversidade cultural e linguística tanto europea como mundial.
     
  8. Situar os alumnos perante a diversidade cultural e linguística presente no noso Centro.
     
  9. Achegar o mundo do teatro a nenos e mozos, así como obras fundamentais deste xénero.
  1. Fomentar o uso do galego e a lectura nesta lingua.
  1. Potenciar a lectura e corrixir efectos na dicción. Potenciar a lectura atenta e a concentración.
  1. Valorar o corpo e o movemento como instrumentos de comunicación.
  1. Achegar aos rapaces á festividade céltica do samaín.
  1. Acostumar os nenos a actuar diante dun público.
  1. Presentar aos alumnos de 1º e 2º de Primaria unha das grandes obras da Literatura Infantil.
  1. Familiarizar ao alumnado cos distintos xéneros, subxéneros, temáticas... presentes na Literatura (neste caso, Aventuras).
  1. Atender aos diferentes gustos e intereses do alumnado.
  1. Fomentar a lectura de contos clásicos en galego.
  1. Fomentar valores como o respecto, a responsabilidade, o compañeirismo, a solidariedade, a xenerosidade ou a curiosidade.

 

Actividades

 

Temporización

 

Título actividade/Obxectivo

Responsable/s e departamento/s ao/s que pertence

 

Destinatarios/as

Anual

Encontro con autores/as

(Obxectivo 8)

Profesorado de Ed. Secundaria e Bacharelato  Lingua

Alumnado de Ed. Secundaria e Bacharelato

Anual

Exposición fotobibliográfica

Ricardo Carballo Calero

  (Obx. 7)

Profesorado de Ed. Primaria e Secundaria

Lingua e Sociais

Alumnado e profesorado  de Ed. Primaria, ESO, Bacharelato

Anual

   Roteiro lingüístico e literario pola Coruña e presentación multimedia.

(Obx. 12, 20)

Profesorado de Ed. Secundaria

Lingua e literatura e Informática

 

Alumnado 4º de Secundaria

Anual

Taller de cómic galego

(Obx. 1, 27)

Profesorado de Ed. Secundaria

Lingua e literatura e Ed. Plástica e visual

Alumnado de 1º, 3ºe 4º de Secundaria

Anual

Encontro coa cantautora galega Ses.

 (Obx. 8)

        Lingua e Música

Alumnado de 4º de ESO

Anual

Ruta literaria

(Obx. 11 e 12)

Lingua e Literatura

Ciencias Sociais

Ciencias Naturais

Alumnado de 2º de Secundaria

Anual

 

 

 Blog de lingua no Centro

“A chave e o mundo”

(Obx. 1, 12, 24)

Profesorado de Lingua e literatura

Todo o alumnado e profesorado

 

Anual

  Día Mundial da Non  Violencia e a Paz.

 

  (Obx 1,26, 32 e 43)

Persoal da biblioteca

Profesorado de infantil, primaria e secundaria

Todo o alumnado

Anual

Teatro: Onde viven os  monstros

(Obx 27,42, 47 e 48)

Persoal da biblioteca

Profesorado de lingua e literatura de primaria e secundaria.

Alumnado de 4º da ESO e 1º e 2º de Primaria

Anual

 Mesa temática: “A novela de aventuras”

 

(Obx. 43, 49, 50)

Persoal de biblioteca

Persoal do plan lector e profesorado de secundaria de lingua e literatura

Alumnado de 1º e 2º da ESO

 

Anual

 Adiviñade, pequenos!

(Obx. 7, 30, 44)

Persoal da biblioteca

Alumnado  de 1º e 2º da ESO.

Anual

Pequenos clásicos

 (Obx.  30, 52, 53)

Persoal da biblioteca

Alumnado  de ESO e Ed. Infantil

Anual

Ciencia e Literatura

Charla –coloquio con María Solar e investigadoras do CSIC sobre Os nenos da varíola

(Obx. 8)

Lingua e literatura e Ciencias

Alumnado de Bacharelato

Anual

Obradoiro de "lectura creativa".

(Obx. 21,22,23)

Profesorado de lingua galega

Alumnado de 6º EP e de 3º ESO

               Anual

Vinte e un días en galego

(Obx. 54, 55, 56)

Profesorado de Ed. Secundaria

Lingua e literatura e Ed. Plástica e visual e TICS

Alumnado de 3ºe 4º de Secundaria

 

 

 

 

Nome da actividade

Descrición detallada

Obxectivos correspondentes

Encontro con autores e autoras

Unha vez feita a lectura individual do libro, realizarase unha charla-coloquio co autor/a do mesmo para intercambiar distintas experiencias e impresións arredor da obra, doutras obras do autor, da súa faceta de escritor, da escrita en galego... Prevese un encontro cos autores e autoras Andrea Maceiras, Fran Alonso, Francisco Castro, Manuel Núñez Singala, Manuel Rivas e Rosa Aneiros.

Promover encontros con  escritores/as galegos para promocionar o uso social da lingua.

Exposición fotobibliográfica

 

Ricardo Carballo calero

 

Durante a semana das Letras Galegas exporanse os carteis enviados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística en distintos lugares do Centro para dar a coñecer a figura do autor homenaxeado. A exposición divídese en dous niveis:

- Primaria

- Secundaria e Bacharelato.

Participar activamente na homenaxe ao autor anual das Letras Galegas e coñecer a súa figura.

Roteiro lingüístico e literario pola Coruña e presentación multimedia.

 

 

 

 

 

PASO 1

Proporciónanselle ao alumnado de 4º da ESO  as seguintes pistas de busca de aspectos transcendentais na historia lingüística e literaria da Coruña e de Galicia.

PASO 2

O alumnado que queira realizar o rueiro agrúpase por parellas e comeza o seu rueiro fotográfico na procura dos motivos e da mellor imaxe de cada un.

PASO 3

Unha vez feitas as fotografías correctas, realizarán ordenadamente a súa montaxe  nalgúns dos programas de presentación multimedia traballados na materia de Informática e facendo uso das Novas Tecnoloxías.

Ao pé de cada fotografía, incluirán un pequeno texto informativo da mesma cunha extensión máxima de 50 palabras.

PASO 4

Rematado o proceso de elaboración, farase a exposición das distintas presentacións nunha das aulas multimedia do Centro durante a semana das Letras Galegas.

------------

         Aspectos técnicos da presentación

1. Tempo de cada diapositiva que permita unha lectura  ou escoita  folgada e sen apuros. (En caso de vídeo, dicción oral normal, non moi rápida nin moi lenta).

2. Transicións automáticas entre diapositivas ou escenas.

3. Música de fondo que permita una boa escoita se se combina co texto oral.

4. Texto oral e escrito non moi denso. (É unha presentación audiovisual, non un traballo de folios. Trátase de resaltar os aspectos máis relevantes do feito, persoeiro, monumento, institución,…(Máximo 50 palabras).

5. Presentación en calquera programa de diapositivas ou de vídeo: Power Point, Prezi, MovieMaker….

Aplicar as Tics a distintos ámbitos da lingua e literatura.

Coñecer os feitos lingüísticos e literarios máis relevantes acaecidos historicamente na cidade da Coruña.

Taller de cómic galego

Achegamento ao medio da banda deseñada dende a creación e a lectura.

Explicación e demostración dos recursos narrativos da banda deseñada, puntualizando a importancia do carácter comunicativo da imaxe e a súa configuración, así como do uso da linguaxe verbal neste medio.

Proporase a lectura dalgunha novela gráfica tras realizar un recorrido da breve historia deste medio, incidindo na producción e a edición de obras en galego. Tamén se insistirá no achegamento ás bibliotecas dos rapaces.

Planificar a construción dunha narración a partir dunha idea co uso de imaxes e palabras, dende o guión ata o entintado.

Plantexar a edición como último paso da creación. Farase unha clase demostrativa de diversos exemplos de edicións reducidas ao tempo que procuramos un percorrido polo proceso de edición, a maquetación e a publicación.

Unha vez recollidas as mostras realizadas polo alumnado, realizarase unha mostra dos traballos na biblioteca ou no salón de actos do Centro.

Facer do galego a lingua de uso en todos os niveis por medio do enriquecimento do vocabulario, a pronuncia, a modulación, a capacitación creativa, a creación de textos propios e orixinais, a transformación de textos….

 

Encontro coa cantautora galega Ses.

 

 

Asistencia do alumnado de 1º de bacharelato, acompañado do coordinador do Equipo de dinamización linguística e do profesor de Música, a un encontro no Agora con esta cantautora galega. Actividade organizada polo servizo de Normalización lingüística do Concello da Coruña e intégranse no programa A Coruña- Educa.

Promover encontros con contacontos, escritores e cantautores galegos para promocionar o uso social da lingua.

 

 

Ruta literaria

 

Ruta literaria sobre algún dos autores/as sobranceiros da literatura galega.

Coñecer os trazos de figuras da literatura galega correspondentes á ruta literária.

 Coñecer as paisaxes, lugares e elementos singulares do contorno próximo relacionados com este territorio.

 

Blog da lingua no Centro: “A chave e o mundo”

Mantemento e actualización do Blog da lingua: “A chave e o mundo”, ferramenta tecnolóxica na que se van incluindo periodicamente todas as experiencias e vivencias lingüísticas escolares así como os distintos traballos do alumnado do Centro ou outros de interese e axeitados para divulgar a lingua e a literatura ou as actividades realizadas da nosa cultura en xeral.

Aplicar as Tics a distintos ámbitos da lingua e literatura.

Facer uso das novas tecnoloxías para a divulgación da lingua galega a través de textos combinativos orais, escritos, musicais...

Facer do galego a lingua de uso en todos os niveis por medio do enriquecimento do vocabulario, a pronuncia, a modulación, a capacitación creativa, a creación de textos propios e orixinais, a transformación de textos….

Día Mundial da Non Violencia e a Paz

Para conmemorar esta data (30 de xaneiro), cada alumno escollerá un fragmento breve dun libro en galego, que faga alusión a este tema: a paz e a non violencia. Cada fragmento escribirase nunha cartolina e con todos eles decoraremos as aulas e os corredores do Centro.

Desenvolver a busca sobre un tema dado.

Fomentar o hábito da lectura.

Fomentar a lectura do libro en galego.

Desenvolver a creatividade.

 Teatro: Onde viven os monstros

 

 

 

 

 

 

Un grupo de estudantes de 4º da ESO preparará, en galego, unha obra de teatro baseada no libro Onde viven os monstros, de Maurice Sendak, e a representará para o alumnado de 1º e 2º de Primaria.

Traballar a expresión oral e escrita.

Fomentar o uso do galego.

Acostumar os nenos a actuar diante dun público.

Desenvolver a creatividade e a imaxinación.

Achegar ao alumnado ao mundo do teatro.

Presentar aos alumnos de 1º e 2º de Primaria unha das grandes obras da Literatura Infantil.

 

Mesa temática: “A novela de aventuras”

Coincidindo co momento no que se está a traballar a  novela de aventuras nas aulas de 1º e 2º de Secundaria, preparamos unha mesa con diferentes novelas deste xénero en galego para familiarizar aos rapaces con esa temática.

Familiarizar ao alumnado cos distintos xéneros, subxéneros, temáticas... presentes na Literatura (neste caso, Aventuras).

Fomentar a lectura de libros en galego.

Atender aos diferentes gustos e intereses do alumnado.

Adiviñade, pequenos!

 

 

 

 

 

No terceiro trimestre, co gallo do Día das Letras Galegas, os alumnos de Secundaria prepararán sesións de biblioteca para traballar cos máis pequenos. En cada sesión, un grupo de alumnos de Secundaria contará un conto aos máis pequenos (A galiña azul) e despois, xogará con eles ás adiviñas.

 

Conmemorar o Día das Letras Galegas.

Traballar a figura de Casares.

Fomentar a lectura das obras escollidas.

Dar a coñecer obras concretas ao alumnado.

Potenciar a lectura atenta e a concentración.

 

Pequenos clásicos

 

 

 

O alumnado de Educación Infantil do Centro irá disfrazado no Entroido de personaxes de contos clásicos. Para colaborar con eles, os nenos e as nenas de ESO elaborarán decoración relacionada con esta temática para adornar as clases de Infantil.

 

Fomentar a lectura de contos clásicos en galego.

Fomentar valores como o respecto, a responsabilidade, o compañeirismo, a solidariedade, a xenerosidade ou a curiosidade.

Fomentar o uso do galego entre os alumnos.

Facilitar a integración dos alumnos.

Potenciar o traballo colaborativo.

Desenvolver a creatividade.

Ciencia e Literatura

Charla –coloquio con María Solar e investigadores do CSIC sobre o libro Os nenos da varíola

 Asistencia do alumnado de 1º de bacharelato, acompañado do coordinador do Equipo de dinamización linguística e o profesor de Bioloxía do Centro a unha actividade que desenvolve a editorial Galaxia en colaboración co CSIC para proporcionar  información sobre a enfermidade da varíola: a súa orixe, a súa expansión, a súa erradicación...

Promover encontros con contacontos, escritores e cantautores galegos para promocionar o uso social da lingua.

Obradoiro de "lectura creativa".

Entre febreiro e marzo desenvolveranse, para alumnos de 6º EP e de 3º ESO, unhas sesións de "lectura creativa" partindo de textos tirados de dúas obras en lingua galega: Esfinxe. Relatos de pensamento creativo e Sherezade. Novos relatos de pensamento creativo.

De forma pautada e lúdica, traballarase a comprensión e resolución de diferentes tipos de relatos (de enigmística popular, de pensamento lateral, de matemática recreativa, de lóxica, de enredos lingüísticos...), sempre adaptados á idade do alumnado.

Potenciar, de forma lúdica, a presenza do galego nos hábitos lectores do alumnado.

Favorecer a comprensión lectora, a capacidade de razoamento crítico e outras destrezas comunicativas básicas a través da lingua galega.

Darlle a coñecer ao alumnado a enigmística popular, como unha das mostras das nosas tradicións culturais.

 

 

Vinte e un días en galego

 

 

 

Conscientes de que moita da xente nova do ámbito urbano en que se localiza o noso centro non ten o galego como a lingua habitual, concibimos este proxecto como forma de potenciar o uso da nosa lingua propia, como xeito de derrubar moitos dos prexuízos que a minorizan e como forma activa e lúdica de achegar os participantes a conceptos sociolingüísticos de imprescindible coñecemento para a comprensión da realidade galega actual.

Concibido cunha participación voluntaria, a idea é que o alumnado procure desenvolver en galego a vida cotiá (na casa, no centro, na rúa...) durante eses 21 días e valorar simultaneamente esa experiencia. Como seguimento diario, propoñemos actividades exclusivamente orais de dous tipos, que serán necesariamente gravadas en vídeo.

— Nos días impares: «Como che vai?». Consiste en facer unha gravación, cun mínimo de 3 minutos de duración, comentando como se leva a experiencia: sensacións, dificultades do día a día, reaccións dos que os rodean (se axudan, se cuestionan...).

— Nos días pares: «O reto». Tamén mediante unha gravación dun mínimo de 3 minutos, débese contestar oralmente a tarefa ou o reto lúdico que se propoña (a través do blog Achaveeomundo): reflexionar sobre un tema, entrevistar unha terceira persoa, comentar un libro, pronunciar uns trabalinguas...

Consideramos que o proxecto, debido ao gran peso que adquiren os contidos sociolingüísticos, é especialmente apropiado a partir de 3º da ESO.

 

Algunhas das actividades dos 21 días desenvolveranse en coordinación e colaboración con outros centros educativos, como o CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco ou o IES da Pobra do Caramiñal. Serán propostas que permitan coñecer o alumnado doutras zonas xeográficas e doutros contextos sociolingüísticos. Ao interactuaren entre eles, todos enriquecerán a súa experiencia co noso idioma propio.

 

Potenciar e mellorar a competencia oral na nosa lingua.

 

Facer unha reflexión persoal sobre a relación que cada un/unha ten co galego e aproveitar esa reflexión para identificar e rexeitar diferentes prexuízos linguísticos.

 

Recoñecer e comprender importantes conceptos sociolingüístios como «bilingüismo», «diglosia», «prexuízos lingüísticos», «lingua minorizada», «lingua hexemónica», diversidade lingüística», «neofalante», «paleofalante»...