Pastoral - Noticias

Catequese infantil

Inicio da Catequese de Primeira Comuñón, 2º e 3º de Primaria

Queres prepararte para estar máis preto de Xesús? Non sabes que son os Sacramentos pero gustaríache coñecelos? Queres pedir perdón por esas pequenas faltiñas que cometemos? Estás pensando en facer a primeira comuñón?

Se respondiches "SIIIII" a algunha destas preguntas pero non sabes como facelo, non te preocupes, podemos axudarte!

Imos comezar a preparación para recibir, na Comunidade Parroquial, os sacramentos da Reconciliación e da Eucaristía.

Xuntarémonos todos os xoves que haxa cole, de 17 a 18 horas para participar nunhas bonitas sesións de catequese.

Ven connosco! Anímate!

Resultado de imagen de preparacion comunion y penitencia dibujos

Descubre o que facemos PRIMEIRO ano de catequese SEGUNDO ano de catequese