No Fogar reunímonos profesores e estudantes de Secundaria no Salón de Actos para dar peche a estas tres semanas do proxecto.
Puidemos ver o vídeo-resumo final da participación do Fogar e tamén unha mensaxe moi especial que nos enviou Fernando Vázquez, o adestrador do Deportivo da Coruña.
Ah! E a foto final! Ben bonita!
Graciñas a todos (profesorado, persoal non docente, alumnado, familias…) polo gran traballo.