Chega, un novo ano, 21 Días En Galego ao Fogar de Santa Margarida.
Esta iniciativa encheunos de alegrías nos últimos dous anos: premio «Investigación sobre a nosa fala» da Asociación Xermolos, colaboración no programa «O coruñés opina» da Cadea Ser ou recoñecemento oficial da Real Academia Galega.
Este ano, a Secretaría Xeral de Política Lingüística decidiu usar a nosa experiencia para botar a andar o proxecto chamado «21 Días co galego e máis», no que participaron centros das catro provincias galegas.