II Concurso de Carteis para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia"
O 3 de marzo fíxose a entrega de premios aos estudantes que gañaron o II Concurso de Carteis cos que conmemorar o «Día Internacional da Muller e a Nena na ciencia». Este acto tivo lugar na capela do colexio e o premio foi un exemplar do libro "Las chicas son de Ciencias: 25 científicas que cambiaron el mundo". Aproveitamos a ocasión para felicitar ás gañadoras e agradecer a participación do resto do alumnado, posto que a iniciativa tivo unha gran acollida (unha participación superior aos 100 carteis recibidos).
No seguinte vídeo podes ver os carteis gañadores:
Para ver fotos do evento preme aquí.