Despois de estar limitados polas restricións de aforo dos últimos anos, retomamos con ilusión nosas VI XOP (Xornadas de Orientación Profesional) no Centro. Ditas xornadas, xunto coa asistencia dos nosos alumnos ás Xornadas de portas abertas da USC e ás sesións informativas organizadas polo Concello da Coruña, teñen como obxectivo orientar e dar resposta ás inquietudes do alumnado con respecto ao seu futuro profesional.
Gustaríanos agradecer dende aquí a todos aqueles ex alumnos e profesionais que tan amablemente quixeron colaborar e compartir as súas experiencias connosco. Así mesmo, agradecer o bo facer dos nosos alumnos de FPBásica: Nerea Costa, Leyner Guerrero e Aarón Quiñoá na organización das nosas xornadas.
Os ex alumnos que este ano quixeron colaborar connosco achegando a súa opinión e sabios consellos a tódolos presentes estes días: Alicia Abella (Nanotecnoloxía); Claudia Varela e Natalia Mouriño (Ed. Infantil); Laura Rega ( docente en Ed. Primaria);Tomás Salvadores (Inef e docente do centro); Brais Souto (FP Dual en Química Industrial); Lea Lema (Filoloxía Inglesa); Olga Ventura e Sara Fernández (Medicina); Mauro Mariñas (Dobre Grao Bioloxía-Química); Angel Ferreiro e Alejandro Tato (Dobre Titulación en ADE e Dereito); Diego Pampín ( Audiovisuais e actualmente cursando Publicidade e ADE); Antía Quintá (actualmente traballando como Piloto de Aviación Comercial e ADE); Gabriela Taboada (Psicoloxía) ; Vicen (Empresariais e docente do centro).
Profesionais nas nosas charlas (Diego López, CEO de Cluber) e ex alumnos do noso Ciclo Medio de Comercio (Sergio Cadavid ,Se buscas coche ; Alex Rivas ,responsable de Feu Vert ;Lucía Cacheiro, Directora de marketing de Inverexpan).
Grazas a todos e esperamos volvervos a ver nas nosas VII XOP do ano que vén!
Todo parece imposible ata que se fai!
Preme AQUÍ para acceder á galería de fotos.
Tamén podes ver cómo foron as xornadas a través do noso Instagram premendo AQUÍ.