Aspiracións
O noso modelo educativo busca:
- complementar ás familias no proceso de educación integral do alumnado.
- desenvolver a totalidade das funcións da persoa: sensibilidade, afectividade, intelixencia, volición. En síntese: sentidos e intelixencia, corazón e carácter.
Implica, xa que logo, un triple ámbito na preocupación docente: coñecemento, conduta e vontade, e a aceptación de que a persoa é un complexo de corpo e espírito.
Responsabilidade social
O Fogar é un Centro:
- aberto a todos, crentes ou non, co único límite do respecto ao noso ideario.
- comprometido na mellora e dignificación da nosa sociedade.
- que acolle e colabora coas diversas institucións cristiás e civís de sinalado compromiso social.
- que exclúe o afán de lucro.
Filosofía educativa
Aspiramos a ofrecer unha educación integral, activa e personalizada que permita:
- desenvolver en cada alumno/a as súas cualidades respectando o seu ritmo de aprendizaxe e maduración.
- orientar a nosa acción formadora desde os dereitos e liberdades fundamentais dentro dos principios democráticos de convivencia e potenciando a solidariedade, o respecto aos demais, a actitude de diálogo e os valores democráticos.
Plan de convivencia
O plan de convivencia do centro é o documento no que se articula a convivencia escolar, que garante unha educación no exercicio dos dereitos e das liberdades dentro dos principios democráticos de convivencia, así como na prevención de conflitos e a súa resolución pacífica.