A Educación Infantil constitúe unha etapa educativa de capital importancia para o desenvolvemento integral e harmónico da persoa. Así, establécese como principal finalidade nesta etapa o contribuír ao desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual do alumnado en estreita cooperación coas familias.
A Educación Infantil constitúe unha única etapa con dous ciclos, o primeiro abarca desde 0 a 3 anos e o segundo de 3 a 6 anos. Os contidos educativos organízanse ao redor das seguintes áreas:
Estas áreas, que se corresponden con ámbitos propios da experiencia e do desenvolvemento infantil, deberán concibirse cun criterio de globalidad e de mutua dependencia, e desenvolveranse mediante a realización de experiencias significativas.
A Escola Infantil Fogar de Santa Margarida nace no ano 2003 coa vontade de ofrecer un novo servizo ás familias que permita compatibilizar a súa actividade laboral co coidado dos seus fillos. Na actualidade consta de dúas aulas:
Ademais a nosa Escola Infantil conta con comedor e cociña propios, un recibidor amplo onde se poden deixar as cadeiras dos nenos e nenas para a comodidade das familias e un patio semicubierto para que poidan gozar ao aire libre coas motos, bicis, tobogáns...