PIPE

INFORMACIÓN NUNHA IMAXE

PIPE (Proxecto Integral Plurilingüismo Educativo) é un plan flexible e libre que ten como obxectivo mellorar, potenciar e estandarizar o ensino de idiomas en escolas diferentes, traballando nas tres principais áreas de ensino: currículo, complementarias e extraescolares.

OBXECTIVOS

1. Garantir que os nosos alumnos reciban clases con certificación oficial recoñecida internacionalmente.

2. Conseguir que ao chegar ao final da idade de escolarización obrigatoria, os nosos alumnos logren acadar as competencias en idiomas suficientes para afrontar o futuro.

3. Mellorar a calidade e variedade de linguas dentro da escola e, polo tanto, naturalizar o ensino e aprendizaxe a partir delas. Para esta fin, desígnase un amplo abano de actividades relacionadas coas linguas estranxeiras.

IMPLANTACIÓN NO CENTRO

Perseguindo este obxectivo de naturalización e conscientes de que a aprendizaxe de linguas é un elemento fundamental da formación académica, creamos unha serie de proxectos, que consideramos os máis adecuados para os nosos alumnos, que contribúan ao logro desta capacitación.

Estas propostas son dinámicas e serán adaptadas ás necesidades detectadas a medida que  o Plan evoluciona.

No marco do plan PIPE e coa finalidade de orientar todas as actividades de idiomas á consecución dos obxectivos fixados, o centro ofrece aos estudantes a oportunidade de beneficiarse tanto das multiactividades como da "Escola de Linguas", na que, a día de hoxe, se potencia o idioma inglés e conta con profesorado altamente cualificado no ensino  bilingüe e cun lector bilingüe preparado para desenvolver a súa tarefa con pequenos grupos en función do seu nivel de desenvolvemento do idioma.

Os alumnos da escola teñen a posibilidade de obter o Certificado Académico de competencia lingüística ben do TRINITY COLLEGE LONDON ou o CAMBRIDGE ENGLISH, aproveitándose neste caso da vantaxe de contar con taxas de NSP (National School Project).

EQUIPO DOCENTE

Ademais dentro de PIPE, contémplanse outras iniciativas destinadas ao equipo de profesores, tanto desde o punto de vista metodolóxico como desde o punto de vista da formación continua sobre cuestións lingüísticas e metodolóxicas. Un esforzo para adaptar o noso equipo docente á nova realidade educativa e social desde parámetros de calidade e servizo.

CONCLUSIÓNS

Pipe é un investimento lingüístico de futuro, que contribúe á creación de docentes especialmente adestrados e á formación de estudantes lingüisticamente competentes e preparados para afrontar os retos do seu futuro académico e profesional.

 

Accede a máis información xeral sobre PIPE Tríptico resumo xeral