Cursos do CS Marketing e Publicidade | |||
1º CS Marketing e Publicidade | 2º CS Marketing e Publicidade |
A Formación Profesional de Grado Superior permite adquirir competencias técnicas esenciais para exercer eficazmente unha profesión, desenvolver as competencias necesarias para adaptarse ás situacións laborais presentes e futuras, así como adquirir responsabilidades de coordinación e planificación.
En concreto, neste centro impártese o Ciclo Formativo Profesional de Marketing e Publicidade, que permite a obtención do título de “Técnico Superior en Marketing e Publicidade”.
Este Ciclo Superior ten unha duración total de 2.000 horas repartidas en dous cursos académicos, que inclúe 384 horas de formación en centros de traballo (prácticas laborais).
1º curso: de setembro a xuño, cunha duración de 960 horas no centro educativo.
- MP0179. Inglés.
- MP0623. Xestión económica e financeira da empresa.
- MP0930. Políticas de mercadotecnia.
- MP0931. Marketing dixital.
- MP1010. Investigación comercial.
- MP1014. Formación e asesoramento laboral.
2º curso: de setembro a marzo, cunha duración de 630 horas no centro educativo e 384 horas de prácticas laborais.
- MP1007. Deseño e elaboración de material de comunicación.
- MP1008. Medios e soportes de comunicación.
- MP1009. Relacións públicas e organización de eventos de mercadotecnia.
- MP1011. Traballo de campo en investigación comercial.
- MP1109. Lanzamento de produtos e servizos.
- MP1110. Atención a clientes e consumidores e usuarios.
- MP1012. Proxecto de marketing e publicidade.
- MP1013. Formación en centros de traballo.
Os requisitos de acceso serán los seguintes:
O título de técnico superior en Mercadotecnia e Publicidade permite o acceso directo a cursar outro ciclo formativo de grao superior e aos estudos universitarios de grao, nas condicións de acceso establecidas podendo validar módulos profesionais.
Saídas profesionais:
As persoas que obteñan o título de técnico superior en Márketing e Publicidade desenvolverán a súa actividade en empresas de calquera sector produtivo, fundamentalmente do sector público e privado do comercio e mercadotecnia, desempeñando funcións de planificación, organización e xestión de actividades de márketing, investigación comercial. publicidade e relacións públicas. Poderán traballar como: