Desde o principio dos tempos, os seres humanos trataron de comprender a natureza e os fenómenos que nela obsérvanse: o paso das estacións, o movemento dos corpos e dos astros, os fenómenos climáticos, as propiedades dos materiais, etc. As primeiras explicacións apareceron na Antigüidade e baseábanse en consideracións puramente filosóficas, que non foran verificadas experimentalmente. Con todo, a continua evolución da especie humana, que habita a Terra desde hai 100000 anos, levounos a facer numerosísimos descubrimentos e teorías, CIENCIA, que provocaron numerosos cambios no mundo. A ciencia contemporánea divídese no estudo dos seres vivos e no estudo dos obxectos inertes, isto é, en ciencias da vida e en ciencias físicas.
A Física e a Química son dúas das máis importantes ramas da ciencia. Estudan a natureza de realidades básicas como o movemento, as forzas, a enerxía, a materia, a calor, o son, a luz e o interior dos átomos. Atopámonos ante unha materia que ten a súa orixe nos problemas reais e, tanto a comprensión como a solución dos mesmos, deben ser quen constitúe o punto de partida así como a meta da materia. O feito de que a Física e a Química poidan ser expresadas en termos matemáticos, posibilita relacionar esta materia con outras tan relevantes como as Matemáticas, a Informática (TIC’s), a Tecnoloxía, a Xeoloxía, a Bioloxía, a Filosofía… Esta materia apoia, completa e, nalgúns casos concretos, serve de base a estas outras disciplinas, de aí a súa obrigatoria inclusión no sistema educativo.
No ámbito da Ciencia, coñécese como Biología á disciplina científica que se encarga de estudar a cada un dos seres vivos, en canto á súa orixe, evolución, modos de vida, reprodución e patoxenia así como da súa interacción entre si e co seu medio ambiente. Este estudo é a través da observación e a experimentación. Na actualidade, a Bioloxía constitúe unha ampla ciencia, conformada por numerosas ramas de estudo, as cales á súa vez contan con subdisciplinas, polo que cada día a Bioloxía especialízase máis nas distintas áreas nas que se manifesta a vida, así como nos elementos que a constrúen. Desta forma, os intereses da Bioloxía baséanse principalmente en catro grandes áreas de estudo: Estrutura da Vida, Fisiología dos organismos, Diversidad e Evolución e Organismos en interacción. En conclusión, a Bioloxía é a ciencia que axuda a comprender como funciona a vida, como feito existencial, así como o punto orixinario de cada especie, axudando ao home a descubrir en parte de onde vén, elementos estes onde radica precisamente a relevancia desta Ciencia.
É importante saber que a Bioloxía non só está feita para os científicos que se pasan a vida nas selvas estudando todo tipo de seres salvaxes, ou nun laboratorio ancorado a un microscopio buscando as bases moleculares do cancro ou como tratar unha enfermidade. A Biología é unha ciencia para todos, que esperta o interese de todos, pois todos somos responsables do coidado e preservación da vida no noso planeta e de nós mesmos. É unha ciencia que cada día esperta o interese e a curiosidade de máis persoas, pois grazas a ela comprendemos as razóns polas que se producen as enfermidades, sabemos como previlas e como curalas, melloramos a nosa calidade de vida cos avances en sanidade, control de pragas, transmisión de enfermedades... En fin, sabemos como levar unha vida máis sa.
Para rematar destacar que está íntimamente relacionada con outras disciplinas como Física (fisiología), Química (bioquímica), Matemáticas (xenética e ecología), Tecnoloxía (instrumental de estudo, toma, conservación, procesado e análise de mostras), TIC´s (tratamento de datos e elaboración de modelos) e Idiomas (artigos de divulgación, cada vez máis frecuentes en prensa).
Dende certo punto de vista, as matemáticas son a disciplina máis simple xurdida da creatividade do ser humano. Isto é así porque, por exemplo, para as matemáticas unha bóla de aceiro é só unha esfera, mentres que para a química é un conxunto de átomos enlazados para formar moléculas; a física está interesada nas forzas atómicas… Pero a pesar desta idea de simplicidade que estamos salientando aquí, sempre houbo unha gran dificultade para a súa comprensión, motivada, sobre todo, polo vocabulario técnico propio, a simboloxía empregada e o seu nivel de abstracción.
As matemáticas facilítannos interpretar o mundo que nos rodea, refrexan a capacidade creativa e expresan con precisión conceptos e argumentos, sen esquecernos do seu carácter instrumental que a convirten nunha base fundamental para a adquisición de novos coñementos en outras disciplinas, especialmente no ámbito científico-tecnolóxico pero que tamén teñen a súa aplicación no día a día das persoas.
O razoamento e a lóxica matemática permítenos afrontar problemas dende diferentes puntos de vista e danos ferramentas para atopar posibles solucións e expoñelas de forma clara e ordeada. Tamén nos da unha visión crítica que nos permite analizar e valorar a validez de ditas solucións.
En definitiva, o que pretendemos dende o seminario é que os estudantes teñan unha primeira aproximación a todas estas ferramentas, que manexen con soltura as partes máis mecánicas, que comecen a expresarse usando a linguaxe propia das matemáticas tanto á hora de afrontan un problema como no momento de dar a súa solución e que valoren a súa utilidade noutros campos científicos así como no seu día a día.
A Tecnoloxía é a aplicación dos coñecementos científicos co obxectivo de mellorar as condicións de vida das persoas. Os avances tecnolóxicos foron o motor da evolución da historia: desde o lume e a roda ata os máis recentes avances deixaron a súa impronta favorecendo a adaptación da humanidade ao seu contorno. Trátase dunha materia na que é sinxelo relacionar os contidos coa observación do contorno: cada elemento de estudo da materia (estruturas, materiais, mecanismos e un largo etcétera) atópase ao alcance dos estudantes no seu día a día. A materia está relacionada coas restantes materias de Ciencias: Matemáticas, Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía, Debuxo Técnico e TIC tomando de todas elas os seus propios fundamentos e axudando a reforzar os coñecementos adquiridos.
O Debuxo Técnico e a Educación Plástica interveñen de forma directa no desenrolo artístico, cultural e técnico do estudante.
Ámbalas dúas materias dotan a quen as domina dunha potente ferramenta de comunicación ó tratarse dunha linguaxe universal que permite a interacción entre persoas sexa cal sexa o seu idioma nativo.
Debido ó seu carácter artístico-técnico, serven de nexo de unión entre as distintas materias que compoñen o currículo de cada curso. Pola súa parte, Educación Plástica relacionase con materias como Historia, Filosofía e Historia do Arte, fomentando o coñecemento do medio pasado e presente e a interpretación dos feitos que están por vir. Por outra banda, e complementariamente, Debuxo Técnico traslada ó mundo real os conceptos matemáticos da xeometría dando explicación gráfica a temas de Matemáticas fundamentais para a interpretación formal do mundo que nos rodea. Ademais, fomenta a intelixencia espacial, cualidade de ampla aplicación no día a día.
Debido a isto, ámbalas dúas materias contribúen en grande medida ó desenrolo das competencias básicas da ESO e o Bacharelato e o crecemento persoal do estudante.
Case todas as especies teñen os seus propios sistemas de comunicación, pero é a especie humana a que logrou desenvolver un método comunicativo máis perfecto e efectivo que calquera outra especie, involucrando consigo o avance e explotación da tecnoloxía. Os sistemas de comunicación utilizados polos seres humanos variaron moito a través dos séculos, pero sen dúbida o momento máis significativo foi a chegada de Internet, xa que supuxo un salto de gran magnitude, cambiando e redefinindo os modos de coñecer e relacionarse do home.
As TIC ou Tecnoloxías da Información e Comunicación son todos os recursos, ferramentas e programas que se empregan para procesar, administrar e compartir a información, desenvólvense a partir dos avances científicos producidos no ámbito da informática e as telecomunicacións. Actualmente o papel que desempeñan na sociedade é moi importante, de aí a necesidade de introducilas na educación e máis concretamente nas nosas aulas.