No Fogar de Santa Margarida consideramos fundamental acompañar ao alumnado na toma decisións sobre a súa educación, formación e profesión, así como a xestionar a súa traxectoria profesional.
Unha toma de decisións responsable virá condicionada polo nivel de autocoñecemento (aptitudes, emocións, valores,…) e identificación dos intereses profesionais, así como tamén polo coñecemento da oferta formativa e as condicións de acceso aos diferentes estudos.
Ao longo de toda a escolaridade, as actuacións enmarcadas na acción titorial, desenvolvemento do Plan de Habilidades Sociais e Intelixencia Emocional, así como tamén o tratamento de elementos transversais como o esforzo e iniciativa persoal, espíritu emprendedor e sentido crítico entre outros, contribuirán ao progresivo coñecemento dun mesmo, pero será na educación secundaria obrigatoria e postobrigatoria cando a orientación académica e profesional será tratada dun xeito máis amplo e explícito.
No marco da orientación académica e profesional, algunhas das actuacións que habitualmente se levan a cabo no Centro son as seguintes: