Titorías de 2º ESO - Actividades

Excursión de fin de curso... á aventura!

12 - 13 xuño

De excursión a Mazaricos

Gústanche as palabras "vértixe", "adrenalina", "diversión", "aventura"? Que ben soan!, verdade? Pois as mozas e mozos de 2º ESO poderán comprobar as definicións de cada unha delas entre hoxe e mañá en Mazaricos.

Alá vanse, a gozar durante dous días dun marabilloso parque multiaventura e sobre todo de momentos de amizade e risas cos seus compañeiros, amigos de clase e profes.

Pasádeo moi ben rapaces! Coidadiño á hora de "aventurarvos" e gozádeo ao máximo!

E como mostra do ben que o pasan...

(Preme na imaxe para ver máis fotos)