Titorías de 2º CM Actividades Comerciais (2018 - 2019) - Actividades

Visita a Inditex

Visita a Inditex

Os alumnos do 2° curso do CM de Actividades Comerciais realizaron  unha visita á central de Inditex, sita en Arteixo. 

Unha traballadora de Inditex levounos a través das súas instalacións e lles explicou o funcionamento da empresa. Puideron ver como traballaban os diseñadores, comerciais, modelos, fotógrafos... Ademais de coñecer o funcionamento do almacén mecanizado e como se leva a cabo a distribución das prendas ó longo de todo o mundo. Esta visita  resultoulles moi interesante xa que moitos deles van a realizar a Formación en Centros de Traballo nas tendas das diferentes cadeas de Inditex.

Para ver máis fotos prema aquí.

Galería de fotos