Titorías de 5º Infantil - Actividades

Gadis

A Coruña
Febreiro 2020

ACHEGÁMONOS A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Infantil achegámonos a alimentación saudable da man de Vanessa, grazas ao programa Alimentes organizado polos Supermercados Gadis. 

 

Durante a visita ao supermercado, descubrimos moitas cousas interesantes como por exemplo: que podemos coñecer se un peixe é branco ou azul segundo a forma da súa cola, que é mellor consumir productos frescos en lugar de produtos elaborados, que é moito máis saudable facer os bocadillos das nosas merendas con pan artesán en lugar de empregar pan de molde...e un montón de cousas máis!

 

Como estivemos moi atentos durante toda a visita, agasalláronnos cunha bolsa na que levamos para os nosos fogares alimentos saudables!