Titorías de 6º Infantil - Actividades

A volta ao cole

6º de Infantil
08-10-2018

     Comezamos este trimestre cun proxecto titulado "A volta ao cole".

Con el, ademais de repasar parte dos contidos traballados o curso anterior, coñecemos mellor a nosa nova aula (medíndoa e decorándoa), recordamos os espazos que utilizamos máis aló dela (patio, comedor, biblioteca, ximnasio, secretaría...), coñecemos novos espazos que utilizaremos este curso (aula de informática e PDI) e, como parte do proxecto de Centro sobre as profesións, estudamos algunhas das profesións que se desenvolven no colexio (profesora, bibliotecario, secretario, limpadora).

Unha vez rematado, e como punto final, só nos queda desexarvos a todos moi bo comezo de curso!

Ver galería de fotos