Descubrindo os museos.
Ola de novo!
Os Puritos, os Gemitos e os Caritos seguimos traballando e descubrindo cousa novas.
Nesta ocasión Bee Bot deixounos unha nova carta no buzón, na que nos animaba a atoparo conto "Elsueño de Matías", de Leo Leonni, que nos deixou escondido na aula, e a adentrarnos así no mundo da arte.
Nesta ocasión, centrámonos no gran Luis Seoane.
Comezamos visitanto a Fundación Luis Seoane, onde observamos as súas obras, as técnicas que emprega e aprendemos unha nova forma de "facer" arte.
Xa nas aulas, sorprendémonos comprobando os grandes artistas que levamos dentro, creando cadros, figuras de Sargadelos, "collages", gravados...
Para rematar o noso proxecto, convertémonos en detectives con David, papá de Leda, para adentrarnos nos museos e descubrir algunhas obras de arte tanto peculiares, como as "Latas de sopa de Campbell", de Andy Warhol ou " La fuente" e Duchamp; pero tamen descubrimos grandes obras como " O Guernica" de Picasso e "Las Meninas " de Velázquez entre outras.
Visitounos tamén Alejandra, mamá de Leo, que nos explicou os tipos de museos e o persoal que traballa neles. Da súa man descubrimos como é a vida dentro dun dos nosos museos científicos favoritos: O Aquearium Finisterrae!
Aquí vos deixamos un video con algunhas das actividades realizadas.