Un segundo trimestre moi diferente
O segundo trimestre chega ao seu fin e, aínda que non o despedimos todos xuntos e do xeito en que nos gustaría, quedámonos cos bos momentos vividos…que foron moitos!
Comezámolo cunha gran festa de aniversario, na que puidemos mostrar as nosas dotes de cociñeiros/as… e de creadores de gorros moi chulos! Continuámolo celebrando o Día da Paz e facendo unha gran cadea humana no Paseo Marítimo. Na clase, houbo tempo de traballar cos números e coas letras, pintar, picar, facer puzzles, ler contos, xogar na PDI, facer masaxes ou axudar…sí….neste trimestre axudámonos un montón…ou senón que llo pregunten aos nosos xemelgos/as!
Por se isto fose pouco, descubrimos ós peliqueiros e vestímonos co traxe rexional galego para celebrar o Entroido…con cantiga e baile incluídos!
Por suposto, non nos esquecemos dos nosos proxectos! Xa dominamos a alimentación saudable e quedounos pendente rematar a nosa incrible Torre de Hércules!
As últimas semanas foron un pouco diferentes…tocounos traballar na casa coas nosas familias! Unha nova experiencia da que aprenderemos un montón e na que nos estamos comportando como auténticos campións e campioas!!
Iso sí…estamos desexando voltar ao cole para desfrutar tanto como amosa este vídeo…
UNHA APERTA ENORME!
Os Jesusitos, Iriños e Natalitos.