Principal - Actividades

III Xornadas de Orientación Académica e Profesional do Fogar de Santa Margarida

Decide coa cabeza. Decide co corazón

Esta semana celebramos as III Xornadas de Orientación Académica e Profesional coa finalidade de prestar apoio e asesoramento no proceso de toma de decisións e contribuír  á  realización  persoal, educativa e profesional do alumnado.

Nestas xornadas, enmarcadas no Plan de Orientación Profesional do Centro, poñemos a disposición dos nosos alumnos e alumnas información actualizada, precisa e obxectiva, tratando de dar resposta aos interrogantes e inquedanzas que habitualmente se presentan.

O lema deste ano, Decide coa cabeza, Decide co corazón, pretende resaltar a importancia de realizar a elección do itinerario formativo tendo en conta as tendencias do mercado laboral e posibilidades de traballo futuro, pero atendendo tamén ás propias fortalezas e debilidades, intereses, gustos e preferencias.

Aquí tes o programa,