Titorías de 4º Infantil - Actividades

Aprendemos xogando nosos talleres de Infantil

A Coruña
DECEMBRO

O taller de lectoescritura e o taller de estimulación da linguaxe oral.

O trimestre chega ao seu fin, e, para despedilo queremos mostrarvos  algunhas actividades  levadas a  cabo nos nosos talleres de Infantil, tanto no taller de lectoescritura, como no de estimulación da linguaxe oral. Neles aprendimos xogando, rindo e compartindo cos nosos compañeiros/ as. De forma lúdica, traballamos  a conciencia fonolóxica, un dos alicerces  imprescindibles para o desenvolvemento da lectoescritura. Descubrimos as boquiñas do grupo sementa estrelas, equipo comunicarnos e  diferentes xogos que nos axudan no proceso de desenvolvemento da nosa linguaxe.

 Non podemos esquecernos do noso lado máis emocional, polo que adicamos algunhas sesións para tratar temas que nos implican a todos como comunidade educativa e fan crecer aos nosos/as pequenos/as como personiñas que son. A través de  libros e curtos tratamos temas como a diversidade, como seres únicos que somos e o respecto hacia os compañeiros/as. O cazo de Lorenzo, axudounos a entender mellor este tema.   Durante a semana do 2 ao 6 de decembro leváronse a cabo diferentes dinámicas sobre  a diversidade funcional, xa que o 3 de decembro conmemórase o día da discapacidade. Deixámosvos algunhas fotos do ben que o pasamos e sobre todo o moito que aprendemos.

E estade moi atentos/ as, que seguro que algunha sorpresa máis haberá….