Titorías de 6º Infantil - Actividades

O CASTELO

A CORUÑA
FEBREIRO 2020

VISITA AO CASTELO DE SAN ANTÓN

A semana pasada os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil visitamos o Castelo de San Antón.

 

Descubrimos que fai moitos anos o castelo se empregou como fortaleza para defender a cidade e tamén como prisión. Dentro, tivemos a oportunidade de observar algunhas das xoias e utensilios que se conservan no seu museo arqueolóxico.

 

Finalmente, quedamos abraiados cando descubrimos un pozo enorme dentro do castelo, que antigamente servía para almacenar auga para as persoas que vivían nel! É como unha gran piscina!