Durante o pasado mes de novembro traballamos nas aulas de 6º de Infantil un proxecto no que nos centramos na Educación Vial.
Con el, ademais de repasar os contidos máis básicos que xa estudaramos en cursos anteriores (o semáforo, o paso de peóns...), coñecemos máis en profundidade outros aspectos, como os sinais de tráfico ou os medios de transporte dos que dispoñemos; tamén aqueles nos que non podemos viaxar e como nos temos que comportar cando imos nos distintos vehículos que podemos utilizar.
A través deste proxecto tamén puidemos converternos en policías locais por un día e, coa axuda de Silvia, exploramos o barrio no que se encontra o cole e aprendemos a movernos pola rúa en gran grupo e a parar o tráfico para poder facer o noso percorrido.
Ademais, grazas ao noso amigo Jose, o socorrista, aprendemos a reaccionar en caso de emerxencia, a comprobar o pulso e a respiración, a facer unha masaxe cardíaca e a chamar a emerxencias en caso de necesidade. Foi unha experiencia moi divertida e enriquecedora.
Unha vez rematado, e como punto final, só nos queda dar as grazas a todos os profesionais que nos acompañaron e ensinaron.
Se queredes ver como se desenvolveu, aquí vos deixamos uns pequenos vídeos do noso traballo na aula