Titorías de 2º EPO - Actividades

"21 días co galego"

Un ano máis o noso centro pon en marcha este proxecto, no que participamos con moito gusto.

Desde segundo de Educación Primaria potenciamos o uso do galego tanto nas aulas como fora das mesmas. Tamén realizamos diversas actividades como, por exemplo, as propostas na “caixa de falar”. Alí atopamos adiviñas, trabalinguas e preguntas coas que o pasamos xenial falando en galego.

Para acceder á galería fotográfica pincha na seguinte imaxe: