Hoxe foi unha xornada moi especial no noso colexio. Un ano máis, unímonos nunha actividade de educación ambiental xa que, ensinar a coidar do medio ambiente, é ensinar a valorar a vida.
Esta actividade preparouse con moito agarimo xa que queremos que os/as nosos/as alumnos/as sexan bos cidadáns do mundo e, en consecuencia, mellores persoas que coiden do seu entorno.
Tivemos tempo, da man dunha bióloga, de coñecer un pouco máis sobre a pegada que estamos a deixar no noso planeta, o destino de toneladas de lixo arroxadas ao mar e as consecuencias que todo isto provoca nas aves, peixes e en nós mesmos.
Nesta xornada aportamos o noso “gran de area” limpando a praia de Gandarío e reciclando os residuos que fomos atopando, tamén houbo tempo de desfrutar, convivir e xogar.
Despedímonos cunha frase do noso alumnado de bacharelato “Recicla o presente e salva o futuro”
Equipo educativo do Fogar de Santa Margarida.
Se queres ver as fotos preme aquí e aquí
Para ver a noticia na prensa preme aquí