En educación Infantil aprendemos así:
A Educación Infantil ten como obxectivo contribuír ao desenvolvemento integral da persoa, para conseguir unha imaxe positiva, equilibrada e autónoma.
No noso centro optamos por metodoloxías activas, como o traballo por recunchos, os proxectos, a robótica, o traballo cooperativo, a estimulación da linguaxe e os circuítos sensoriomotores, sempre prestando unha atención prioritaria cara a diversidade.
O xogo é o eixo sobre o que xiran todas as actividades e co que garantimos a igualdade de oportunidades na aprendizaxe e o desenvolvemento.
Esta metodoloxía busca formar persoas con criterio propio que saiban elixir de forma libre e responsable.