Orientación - Noticias

Programación especial de Semana Santa en MUNCYT Coruña

Descobre, xoga e aprende coas actividades especiais de Semana Santa no Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT)

Entre o sábado 24 e o domingo 1 celébranse varias actividades especiais no Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) dirixidas a toda a familia.

Eco-loxía: A ciencia nas novelas de Umberto Eco

Esta exposición presenta múltiples aparellos científicos e tecnolóxicos no contexto da obra do autor de novelas como “O nome da rosa” ou “O péndulo de Foucault”.

No marco da exposición celebraranse as seguintes actividades:

Construíndo o compás de Baylek (para nenos de 5 a 8 anos)

Discos criptográficos e mensaxes secretas (a partir de 9 anos)

O problema da lonxitude (a partir de 9 anos)

Visitas guiadas (todos os públicos)

Curtocircuítos MUNCYT

Visitas guiadas de 45 minutos de duración ao museo con temáticas variadas.

Taller de chapuzas

Taller familiar de 1 hora no que se manipularán e desmontarán electrodomésticos cotiáns.

Animámosvos a todos que aproveitedes estas vacacións para participar nestas actividades en familia!

Máis información, calendario e horarios na web do museo:

http://www.muncyt.es/stfls/MUNCYT/Actividades/SemanaSanta2018.pdf