Orientación - Noticias

Redacción en marcha para crear os nosos xornais

2 de marzo de 2018

Continúan las actividades no taller de enriquecemento de Educación Primaria.

O segundo trimestre vai pasando e na nosa redacción recentemente estreada, comezan a porse en marcha os nosos xornais. Os títulos elixidos polos nenos/as para cada un deles son “El Notición del Hogar” e “Hogar Noticias.com”.

Ademais disto, tivemos a sorte de contar con dúas importantes visitas. Por unha banda, o noso compañeiro Carlos Medrano compartiu connosco a súa paixón e afección polos xeroglíficos, impartindo un taller no que aprendemos e descubrimos moitos trucos para resolvelos e elaboralos.

Doutra banda, María Cedrón, xornalista de La Voz de Galicia, contounos as súas experiencias despois de 20 anos na profesión, e aclarounos numerosas dúbidas, para poñernos xa en marcha e comezar a investigar, redactar e buscar noticias que pronto estarán ao alcance de todo o Fogar nos nosos xornais.