Despois do éxito da anterior edición, este curso retomamos o Taller de Enriquecemiento de E.S.O. con máis sesións e novas temáticas.
Continuamos co mesmo formato de sesións monográficas a cargo de profesores expertos no tema tratado, co Departamento de Orientación como facilitador e coordinador.
Durante o primeiro trimestre tivemos catro sesións coas Novas Tecnoloxías como temática común:
- 11 de outubro, 25 de outubro e 8 de novembro: Programación de aplicacións móviles (Juan Pintos)
Introducción práctica á programación coa plataforma de programación visual MIT App Inventor (http://appinventor.mit.edu).
Os alumnos e alumnas crearon unha aplicación móvil para poñer a proba os seus coñecementos.
- 22 de novembro: O impacto da tecnoloxía nas nosas vidas (Jesús López)
Debate sobre as implicacións personais, sociais e filosóficas dos avances tecnolóxicos.
Ata o próximo trimestre!