A través do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos, da Delegación do Goberno en Galicia, a Policía Nacional está impartindo unha serie de charlas sobre redes sociais, novas tecnoloxías e prevención da violencia, para o alumnado de 5º e 6º EPO.
Por outra parte, hoxe todo o alumnado de Primaria desfrutou das cancións creadas polos compañeiros/as de 5º e 6º EPO en contra do acoso escolar. Con este traballo, o Fogar únese á campaña de #sebuscanvalientes, un gran éxito de loita contra o acoso escolar (www.sebuscanvalientes.com)
Ademáis, o mércores 20 de decembro ás 19.00 h no Salón de Vídeo, haberá unha charla aberta coas familias, co obxectivo de previr os riscos aos que se ven sometidos os menores con respecto ao uso de internet e das novas tecnoloxías.
Estamos convencidos/as de que a mellor prevención é a comunicación, o diálogo e a reflexión. Todos/as e cada un de nós somos imprescindibles para frenar a violencia e para previr os conflitos.
Noraboa e grazas a todos/as os/as participantes!!!
#stopbullying #nonaoacosoescolar #sebuscanvalientes #ofogardinon